Gasóleos Ateneo somos unha empresa innovadora e dinámica que marcamos como obxectivo a calidade dos nosos produtos para calefacción, automoción e agricultura, a nivel particular, empresas e comunidades de veciños. Contamos cunha experiencia no sector de máis de 20 anos.
Co fin de proporcionar aos nosos consumidores un servizo eficaz e seguro, contamos cun persoal cualificado e dispomos dunha frota propia de vehículos cisterna equipados con contadores volumétricos homologados e calibrados por un organismo autorizado de verificación metrolóxica (Empresa concesionaria da Xunta de Galicia); garantindo un suministro en óptimas condicións e adaptándonos ás necesidades dos nosos clientes.
Pensando na súa comodidade, en Gasóleos Ateneo contamos con equipos totalmente informatizados, terminais de pago con tarxeta e emisión da factura no momento do suministro.
Ofrecemos un compromiso serio e eficaz á hora de prestarlle os nosos servizos.
Póñase en contacto connosco e levarémoslle o gasóleo alí onde nos indique.
Ofrecemos carburantes innovadores e de máxima calidade.
Compromiso cos nosos servizos.
Lavamos o seu vehículo con produtos biodegradables.
Somos unha empresa distribuidora de gasóleos a domicilio contando con estación de servizo. Infórmese sobre os nosos produtos e servizos.