Distribución de gasóleos agrícola, calefacción e automoción

Gasóleos Ateneo somos unha empresa innovadora e dinámica que marcamos como obxectivo a calidade dos nosos produtos para calefacción, automoción e agricultura, a nivel particular, empresas e comunidades de veciños. Contamos cunha experiencia no sector de máis de 20 anos.

Co fin de proporcionar aos nosos consumidores un servizo eficaz e seguro, contamos cun persoal cualificado e dispomos dunha frota propia de vehículos cisterna equipados con contadores volumétricos homologados e calibrados por un organismo autorizado de verificación metrolóxica (Empresa concesionaria da Xunta de Galicia); garantindo un suministro en óptimas condicións e adaptándonos ás necesidades dos nosos clientes.

Pensando na súa comodidade, en Gasóleos Ateneo contamos con equipos totalmente informatizados, terminais de pago con tarxeta e emisión da factura no momento do suministro.

Ofrecemos un compromiso serio e eficaz á hora de prestarlle os nosos servizos.

POLÍTICA DE CALIDADE

  • Gasóleo microfiltrado, 100% limpo de impurezas
  • Maior rendemento para súa caldeira e motor
  • Redución de custes de mantemento
  • Respectamos o medio ambiente, cumprindo ca normativa medioambiental

ESTACIÓN DE SERVIZO

  • Nas instalacións da nosa estación de servizo Cepsa atopará todo o necesario para o coidado do motor do seu vehículo, dispoñemos de boxes de lavado modernos que proporcionan un acabado impecable; un área de descanso onde poderá relaxarse e desfrutar de tenda, restaurante e parking

Póñase en contacto connosco e levarémoslle o gasóleo alí onde nos indique.

Foto Gasóleos Ateneo Óptima de Cepsa

E.S CEPSA ATENEO

Ofrecemos carburantes innovadores e de máxima calidade.

Foto Camión Ateneo

GASÓLEOS A DOMICILIO

Compromiso cos nosos servizos.

Foto Boxes de lavado de coches

BOXES DE LAVADO

Lavamos o seu vehículo con produtos biodegradables.

Gasóleos Ateneo en Piñor (Ourense)

Somos unha empresa distribuidora de gasóleos a domicilio contando con estación de servizo. Infórmese sobre os nosos produtos e servizos.