EMPRESA

Somos unha empresa nova, dinámica e avanzada dedicada á distribución de gasóleos a domicilio, tanto a nivel particular coma a comunidades e empresas. Aválannos máis de quince anos de experiencia no sector. Co fin de proporcionar aos nosos consumidores un servizo eficaz e seguro contamos cun persoal cualificado, e dispoñemos dunha frota propia de vehículos cisterna dotados de contadores volumétricos homologados e calibrados periodicamente, provistos dos últimos avances tecnolóxicos como navegadores GPS, terminais visa e servizo informatizado, garantindo unha subministración en óptimas condicións e adaptándonos ás necesidades dos nosos clientes. Ofrecemos un compromiso eficaz e serio á hora de ofrecerlle os nosos servizos.